Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL SALA FEMININO

O Ponte Ourense faise coa Copa Galicia

Acadou a vitoria nun emocionante partido contra as súas veciñas do Cidade das Burgas, que rematou cun marcador de cinco goles a tres.

Redacción - 10:54 15/09/2008
Plantel do Ponte Ourense

Plantel do Ponte Ourense

Foi un fermoso partido que comezou cun parcial de tres a cero para o equipo que remataría por acadar a vitoria. O Cidade das Burgas recuperouse e foi diminuíndo a diferenza até acadar o empate, a falta de menos de un minuto para o descanso.

Na segunda parte o Ponte Ourense conseguiu adiantarse no marcador co segundo gol de Yenis, e agardou até o último minuto para sentenciar o encontro co gol de Lucía. Un gran espectáculo de fútbol sala o que puideron desfrutar aqueles que se achegaron o pasado domingo ao Pavillón Municipal de Lugo.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: