Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
INAGURACIÓN O XOVES 18 DE SETEMBRO, 20 h

Do filme barcelonés de Woody Allen á Galería Sargadelos

A fotógrafa alemá Anka Manshusen expón en Sargadelos "Inner Garden", instantánea que fai de fondo e escenas do filme "Vicky Cristina Barcelona"

Redacción - 23:00 14/09/2008

Nos primeiros segundos do trailer da nova película de Woody Allen, "Vicky Cristina Barcelona", pódese ver a Javier Bardem nunha exposición deixando ás súas costas a obra titulada "Inner Garden". A creación pertence a Anka Manshusen, fotógrafa alemá cunha gran traxectoria que foi escollida por polo director estadounidense para ilustrar coas súas fotografías varias escenas da rodaxe.

O xoves 18 de setembro, o mesmo día da estrea do filme no Festival de Donostia, poderase ver na Galería Sargadelos de Barcelona a fotografía "Inner Garden" canda outras creacións de Anka Manshusen.

INAUGURACIÓN

Exposición "Inner Garden", de Anka Manshusen

Xoves 18 de setembro de 2008, ás 20 h

Até o 4 de outubro

Galería Sargadelos Barcelona
Provença, 276
Tel.: 93 215 03 68

Horario: de luns a venres de 10.30 a 13.45 e de 16.30 a 20.30 h, sábados de 10.30 a 14 e de 17 a 20.30 h.


Membro de Rede.cat.  


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Escena do filme "Vicky Cristina Barcelona"
Escena do filme "Vicky Cristina Barcelona"
"Inner Garden", de Anka Manshusen (detalle)
"Inner Garden", de Anka Manshusen (detalle)