Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Este domingo, en Ferrol

Iván Raña queda segundo nun Campionato que era para el

O vencedor foi José Manuel Tovar. O de Ordes levou a prata e o barcelonés Isaac López o bronce.

Redacción - 18:53 14/09/2008
Raña no segundo chanzo do podio mixto, este domingo en Ferrol

Raña no segundo chanzo do podio mixto, este domingo en Ferrol

O cacereño José Manuel Tovar (SVC-Seguridad) coroouse este domingo, por primeira vez, campión Estatal de triatlón. O ordense Iván Raña levou a medalla de prata, e o barcelonés Isaac López (C.D. Aquaslava-Servicon), foi bronce en Ferrol.

O campionato foi un espectacular duelo entre Tovar e o seu amigo e compañeiro de adestramentos, Iván Raña. Mais finalmente foi Tovar quen se impuxo nos quilómetros finais de carreira a pé.

Cun público entregado en Ferrol, a proba comezou co segmento de natación (1.500 metros na praia de Caranza) que estivo moi igualado. Tras a primeira transición, José Miguel Pérez comandaba a carreira, seguido de Francesc Godoy (C.N. Barcelona), Pedro Miguel Serrano (A.D. Natación Córdoba) e Isaac López. Ao comezaren os 40 quilómetros de ciclismo, formouse un numeroso pelotón cos favoritos que discorría con tranquilidade nun circuíto chan e técnico, deseñado por Xabier Gómez Noya, que facía de espectador, dende o palco de autoridades.

Despois de varios ataques e escapadas, Raña e Tovar ficaron sós e fóronse marcando mutuamente. Na carreira a pé todo indicaba que o ouro habíano xogar entre eles, mais a falta de un quilómetro para a meta o estremeño atacou o galego, e a pequena vantaxe que lle sacou serviulle para chegar só á meta. Nos últimos metros Isaac López conseguiu meterse no terceiro chanzo do podio contra todo prognóstico.


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: