Os maxistrados deste órgano consideran que só o pobo español ten dereito a decidir en referendos soberanistas.
O Constitucional prohibiu este xoves o proceso de consulta que promovía o lehendakari Ibarretxe. O máximo tribunal español considera que non pode levarse a cabo a votación que o goberno vasco ten prevista para o vindeiro 25 de outubro. Segundo os maxistrados, só "o pobo español no seu conxunto" pode decidir neste tipo de consultas.
Na argumentación do Constitucional afirma que Ibarretxe considera que o pobo vasco "é quen de negociar co Estado constituído pola Nación española os termos dunha nova relación entre o mesmo e unha das comunidades autónomas nas que se organiza". Ademais, sostén que "a identificación dun suxeito institucional dotado desas cualidades e competencias resulta, porén, imposíbel sen unha reforma previa da Constitución vixente"
A decisión, adoptada por unanimidade, é a respista a un recurso de inconstitucionalidade que intepuxo o goberno español e o PP o pasado 15 de xullo, poucas horas despois de que o executivo vasco publicase no boletín oficial a convocatoria da consulta.