Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FURACÁN

'Ike' ameaza o occidente de Cuba logo de provocar catro mortes na illa

O fenómeno meteorolóxico podería recuperar forza despois de volver saír ao mar ao sur do país.

Redacción - 10:20 09/09/2008
Previsión de desprazamento de Ike / Instuto de Meteoroloxía da República de Cuba

Previsión de desprazamento de Ike / Instuto de Meteoroloxía da República de Cuba

O furacán Ike continúa o seu paso pola illa de Cuba cara ao occidente do país. Aínda que xa debilitado, de categoría 1, os fortes ventos e as ondas de sete metros de altura produciron importantes danos materiais na cidade de Santiago de Cuba e accidentes que provocaron a morte de catro persoas. A isto haille que sumar asolagamentos, cortes de electricidade e de comunicacións e derrubamentos de vivendas.

Así e todo, o furacán é considerado menos grave ca o anterior ciclón Gustav, que xa causara estragos no occidente de Cuba. Precisamente, Ike diríxese cara a esa zona, entre A Habana e Pinar del Río, despois de bordear a costa meridional da illa. O paso do furacán polo mar podería fortalecelo e aumentar a súa ameaza á poboación.

Cuba tívose que enfrontar en pouco tempo a tres tempestades tropicais: Gustav, Hanna e, agora, Ike, que deixaron a illa nunha situación precaria, con máis dun millón de persoas evacuadas. Fidel Castro publicou en Granma unha reflexión onde valora a enteireza do pobo cubano e a axuda internacional recibida.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: