Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Continua a súa andaina

"A mariñeira" de Antón Dobao, en tres novos festivais europeos

O telefilme do director lucense vén de ser seleccionado en mostras de Berlín, Bulgaria e Ourense.

Redacción - 09:50 04/09/2008

A produción, baseada na obra de Darío Xohán Cabana que leva por nome “A mariñeira de Quilmas”, continua a súa andaina polos festivais de máis prestixio. Desta volta o filme saíu seleccionado para os festivais Prix Europa, O Festival de Cine de Ourense e o Golden Chest Festival de Bulgaria.

Logo de acadar o premio de Ouro na 41 edición do WorldFest Houston Film Festival, o máis antigo do mundo de cine e vídeo independente- o telefilme dirixido por Antón Dobao continúa viaxando por Europa, chamado dos máis prestixiosos festivais de cine.

No Prix Europa de Berlín foi seleccionado fóra de competición, no Festival de Cine de Ourense entrou no marco da sección Memoria Histórica e no Golden Chest Festival de Bulgaria ha ser proxectada o día 24 de setembro na presenza da súa protagonista, Camila Bossa e un representante da TVG. En todas as citas será proxectada na súa lingua orixinal, o galego, e con subtítulos.

Esta longametraxe para televisión filmada está baseado nun relato de Darío Xohán Cabana titulado “A Mariñeira de Quilmas” e pertence ao proxecto Un mundo de historias, unha liña de traballo organizada arredor da translación a imaxes de obras da literatura galega.

“A Mariñeira” foi producido por Ficción Produccións, TVG, a Consellería de Cultura, Diagonal TV, a Televisió de Catalunya e o ICIC (Institut Català de les Indústries Culturals). A rodaxe levouse a cabo nas localidades de Quilmas, O Pindo, Corcubión e Dumbría.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: