O portal de poxas vai ofrecer aos compradores unha web alternativa, máis ecolóxica e que tenta fomentar o comercio xusto.
WorldofGood
O WorldofGood está destinado a aquelas persoas que queren manter uns hábitos de vida saudables, un mercado de consumidores que só nos Estados Unidos move máis de 200 millóns de dólares ao ano.
Roupa elaborada con produtos orgánicos ou viño ecolóxico son algunhas das ofertas do portal, que, a diferenza de eBay, non é un sitio de poxas, senón un lugar no que os prezos son fixos.
A idea de crear WorldofGood comezouse a xestar hai tres anos coa viaxe de Robert Chatwani (xefe do proxecto) á India.
Nesta viaxe, Chatwani comprobou que moitos productos artesanais poderían suscitar interesa na rede, o q suporía un beneficio tanto ó vendedor como ó productor-comerciante, ao que se destinaría unha porcentaxe da venda, combatendo así a pobreza do país.
FWWWRANDO