Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
UN 48.9% DAS RECLAMACIÓNS NO SISTEMA ARBITRAL DE CONSUMO

A metade das queixas dos consumidores refírense aos servizos de internet e telefonía

Os principais motivos de queixa son a facturación do servizo, a contratación, o mantemento e a dificultade para darse de baixa.

Redacción - 12:46 02/09/2008
As telecomunicacións acaparan as queixas

As telecomunicacións acaparan as queixas

O grande número de queixas sobre o sector das telecomunicacións débese tanto á crecente implantación destes servizos entre os consumidores como a que é o sector co maior grao de adhesión ó arbitraxe de consumo.

E é que de cada 100 solicitudes presentadas ante o Sistema Arbitral de Consumo, 77 delas correspondían a empresas que estaban adheridas ó arbitraxe.

Das solicitudes presentadas, un 93.6% foron resoltas (isto é, arquivadas, non admitidas, desestimadas, trasladadas ou resoltas por mediación e laudo), nun curto prazo de tempo, de aproximadamente tres meses.

No que se refire ao ámbito de presentación, Cataluña foi a comunidade que recibiu un maior número de reclamacións, seguida de Madrid, Andalucía, Castela e León, Galicia e a Comunidade Valenciana.

FWWWRANDO


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: