Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

O Ministerio de Industria primará os concellos que colaboren na mellora da cobertura móbil

Miguel Sebastián adiantou os principais puntos que rexerán o Plan Avanza2 de potenciación das novas tecnoloxías.

Redacción - 09:45 02/09/2008
Antena de telefonía móbil

Antena de telefonía móbil

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio vai poñer en marcha antes de fin de ano o Plan Avanza2, que se aplicará até o ano 2012. Segundo adiantou o ministro, Miguel Sebastián, unha das novidades será a potenciación de infraestruturas de telecomunicacións, para o que premiará os concellos que colaboren na mellora da cobertura móbil.

Sebastián dixo que as cinco liñas principais da política do goberno español no campo das novas tecnoloxías serán, ademais de potenciar as infraestruturas, mellorar a seguridade no seu uso, ampliar a capacitación tecnolóxica da cidadanía, mellorar a calidade dos servizos e xerar industria arredor das tecnoloxías.

Avanza2 será o sucesor do plan estatal para o desenvolvemento da Sociedade da Información, o actual Plan Avanza. Parte dos seus fondos executáronse en colaboración coas comunidades autónomas, que asinaron convenios marco por valor de 1.300 millóns de euros, dos que o ministerio achegou 1.100, explicou Sebastián. Ademais, o plan contou con 5 mil millóns de euros de 2005 a 2008, máis outros 3.800 achegados por outras administracións e empresas.

Para o ministro, o incremento do uso das tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) foi beneficioso para a economía, cun aumento da produtividade. Na situación actual de crise, afirmou "o macrosector TIC pode e debe xogar un papel importante", achegando valor engadido e sentando as bases para un novo modelo de crecemento.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: