Esta segunda versión está destinada a un público consumidor máis amplo, despois de que a primeira, lanzada en marzo, tivera por obxecto permitir que os progamadores tivesen un primeiro vistazo do novo navegador.
A loita polo dominio dos navegadores
O novo sistema presenta melloras nos sistemas de privacidade e seguridade que lle dan ó usuario un maior control sobre o seu historia de navegación, as cookies e outros datos.
Ademais, a segunda beta do Explorer 8 ten características semellantes ó Firefox como unha barra de direccións intelixente.
Microsoft pensou este novo navegador en resposta ó crecente dominio do Firefox, que xa se ten feito co 19% do mercado mundial, deixando a Microsoft co 75% (fronte ó 90% que tiña hai catro anos, antes da saída á venda do Firefox).
FWWWRANDO