Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Bos resultados no comezo do fútbol sala

Vitoria do Ázkar e empate do Lobelle fóra da casa

Este martes comezou a tempada do fútbol sala, con dous equipos galegos entre os 15 participantes na denominada "División de Honor"

Redacción - 12:00 27/08/2008

O Azkar Lugo comezou cunha cómoda vitoria por 4-1 fronte ao MRA Navarra, gracias a dous goles de Adri, un de Fernandinho e outro de Werner. O lucense dou unha boa imaxe no primeiro partido dun ano no que a intención é repetir a clasificación para as eliminatorias polo título, onde o ano pasado foi eliminado polo Carnicer Torrejón. Con esa idea chegaron ao equipo David e Miguel, fichados coa intención de paliar as baixas con respecto ao ano anterior, entre as que destacan as de Marcelo e Paulinho.

No que se refire ao Lobelle, o equipo santiagués levou un empate, a dous goles, nun campo tan dificil como o Pavillón Pedro Delgado, feudo do Caixa Segovia. Os santiagueses foron por diante no marcador en todo momento gracias aos goles de Aicardo e Luís, pero remataron sufrindo o gol do empate a falta de tres minutos para o final do encontro, obra de Miñambres. Por parte dos composteláns participaron as súas novas adquisicións, os xogadores David e Eka.

O primeiro derbi entre os nosos equipos nesta División de Honor será o vindeiro sábado día 6 de Decembro, no Pavillón Municipal de Lugo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: