Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICAS DECLARACIÓNS

O fundador de Telepizza pide un golpe militar en Cuba

O empresario Leopoldo Fernández Pujals cuestiona o goberno de Raúl Castro e defende a democratización de Cuba a través dun levantamento armado.

Redacción - 10:30 31/08/2008

"Hai dous xeitos en que a democracia pode chegar a Cuba: que o pobo se levante, o que sería o acabose; ou que os militares agarren a tixola polo mango e decidan levar isto á democracia". Estas foron as palabras de Fernández Pujals nun coloquio coa prensa organizado polo Foro Iberoamérica Europa. Así, o fundador de Telepizza defendeu a posibilidade de que un golpe militar remate co réxime castrista e propicie a chegada da democracia á illa caribeña. O empresario asegura que esta é a oportunidade, atendendo ao estado de Fidel Castro: "cando os militares vexan que todos os países demócratas do mundo avogan pola democracia en Cuba, que están dispostos a apoialos e que non haberá vinganza, eu creo que se pode visualizar o cambio".

Fernández Pujals é coñecido polo seu apoio á desidencia cubana, coa que colabora dende 1999 investindo parte da súa fortuna na Fundación Plantados hasta la Libertad y la Democracia en Cuba. Despois de montar o emporio de Telepizza cunha inversión inicial de 60.000 Euros, hoxe é o presidente da empresa de internet Jazztel. De feito, a cadea pizzera xa aclarou que o empresario xa non está vencellado á propiedade da compañía dende o ano 1999, que hoxe os propietarios son Campofrío e o fondo de inversión británico Permira, ademais de adiantar que non comparten a súa visión de Cuba.


1,69/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: