Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O XACOBEO GALICIA PREPÁRASE PARA A "VUELTA"

Mosquera: “Pensas no podio, pero con moito respecto a unha proba de tres semanas”

Os de Álvaro Pino escenificaron este martes en Compostela a transmutación do Karpin Galicia que cambia de patrocinio e nome.

Pablo García (textos)/ Isabel G. Couso (vídeo) - 17:30 26/08/2008

Este martes presentouse no hotel Tryp San Lázaro o equipo ciclista Xacobeo Galicia, que substitúe ao Karpin Galicia de cara á vindeira "Vuelta a España". O equipo estará dirixido por Álvaro Pino e Xosé Anxo Vidal, contando con Ezequiel Mosquera como xefe de filas, e líder indiscutíbel.

Álvaro Pino quixo agradecer o apoio das autoridades, e falou do motivo de orgullo que supón defender o maillot do equipo galego. Con respecto ás perspectivas do equipo, recoñeceu o alto que está o listón despois da actuación realizada o ano pasado, onde Mosquera rematou 5º na clasificación xeral, pero non descartou superalo se a sorte acompaña ao equipo galego. Pino deixou claro que Mosquera é o "líder indiscutíbel do equipo", polo que a súa función será reservarse para a clasificación xeral, mentras que o resto terán presenza nas fugas dende o primeiro día, na procura da arelada 1ª vitoria de etapa.O ciclista de Teo tratará de repetir ou incluso mellorar o posto rexistrado o ano pasado. Con esa intención, Mosquera pasou as últimas semanas concentrado nas montañas ourensás de Pena Trevinca, xunto con outros catro compañeiros, para chegar nas mellores condicións posíbeis á gran cita da súa tempada.
Con el estarán Eduard Vorganov, Carlos Castaño, Gustavo César Veloso, Gustavo Domínguez Lemos, David García, David Herrero, Serafín Marínez Acevedo e Iban Mayoz Etxeberría.

A discreta actuación dos ciclistas inmersos na Volta a Portugal, fixo que o equipo técnico dirixido por Álvaro Pino decidira apostar polos corredores que disputaron a "Clásica de los Puertos". Así, o Xacobeo Galicia comezará a súa participación oficial o vindeiro sábado día 30, coa contrarreloxo individual coa que se inaugura a ronda estatal, desde a cidade de Granada.

Apoio institucional ao equipo galego
O acto de presentación estivo conducido polo xornalista Terio Carrera, e a el acudiron representantes do mundo do ciclismo e, en xeral, do Deporte Galego.

Ánxela Bugallo falou da importancia da base, neste como no resto dos deportes. A conselleira lembrouse dos 150 clubes federados en ciclismo que hai no país. Ademais, analizou datos esperanzadores como o aumento do 30% das licenzas ciclistas o pasado ano, que aumentaría até un 45% no caso das licenzas femininas.

O conselleiro de Innovación e Industria acudiu ao acto como máximo representante do Xacobeo Galicia, e dixo que os obxectivos principais do patrocinio eran conseguir que tanto Galiza como o propio Xacobeo sexan máis coñecidos polo mundo adiante. Blanco falou do motivo de orgullo que para os ciclistas ten que supoñer levar o nome de Galiza alá a onde vaian.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: