O dispositivo é un esqueleto electrónico exterior que move as pernas dos parapléxicos facéndoos avanzar.
O ReWalk
O ReWalk, que é como se chama este mecanismo, foi inventado polo enxeñeiro Amit Goffer, o fundador de Argo Medical Technologies, unha compañía israelí de tecnoloxía avanzada.
O sistema, que se atopa a medio camiño entre o esqueleto dun crustáceo e o traxe do heroe do cómic Iron Man, consiste en soportes motorizados para as pernas, sensores no corpo e unha mochila cunha caixa de control computerizado e baterías recargables.
Para utilizalo, a persoa que sofre paraplexía elixe un modo cun control remoto colocado no pulso e logo inclínase cara diante, activando os sensores do corpo e poñendo en marcha as pernas robóticas.
Deste xeito, e axudado por un par de muletas, o usuario poderá parar, sentar, camiñar, descender ou subir.
FWWWRANDO