Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Peinador volveu ser unha festa

Espectacular recepción a Carlos 'Perucho' Pérez

O aeroporto vigués estase acostumando ás espectaculares festas coas que se están recibindo aos nosos olímpicos e volveu encherse un día despois da chegada de Paz e Echávarri.

Redacción - 09:45 26/08/2008
Os olímpicos galegos con Marta Souto e Ánxela Bugallo

Os olímpicos galegos con Marta Souto e Ánxela Bugallo

O pasado domingo chegou a Galiza o segundo ouro procente dos Xogos Olímpicos de Beixín, pendurado no pescozo de Carlos Pérez, máis coñecido por Perucho. O padexeiro do morrazo apareceu da man do seu adestrador, o fisioterapeuta, e da súa compañeira Tareixa Portela, tamén moi querida en Cangas, localidade natal dos catro padexeiros olímpicos.

A partir dese momento comezou unha festa rachada na que o do Clube Náutico O Muíño de Ribadumia foi o grande protagonista. Centos de persoas con bandeiras e camisetas apoiárono con cánticos e bailes que, xunto ao son das gaitas creaban un ambiente festivo que comeza ser habitual no aeroporto vigués.

No mesmo avión que os padexeiros de Cangas chegaba o marchador Santiago Pérez, o decatleta David Gómez, e outros preparadores que colaboraron cos diferentes equipos das seleccións estatais. Para este Mércores de mañá agárdase a chegada de David Cal, polo que peinador prepárase para vivir unha nova festa.

Entre os que se achegaron ao aeroporto vigués estaban a directora xeral de Deportes, Marta Souto, e a conselleira de Cultura e Deportes, Ánxela Bugallo, que quixeron expresar a súa gratitude aos deportistas. Esta previsto que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, reciba aos doce olímpicos galegos esta semana.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: