Un grupo de investigadores da compañía Ashwin-Ushas Corp. atopou a maneira de construír satélites lixeiros pero resistentes.
Os satélites fanse pequenos
Os primeiros satélites que Estados Unidos enviou ó espazo, os Explorer, medían dous metros e pesaban 10 quilos, pero a súa vida foi curta, pois en escasos tres meses sucumbiron ás condicións do espazo exterior.
De seguido comezaron a fabricarse novos satélites que multiplicaron o tempo de supervivencia a costa de incrementar o seu tamaño e peso, usando grosos revestimentos e escudos térmicos.
O descubrimento da compañía americana baséase no desenvolvemento dun material capaz de reflectir o calor que frite as sondas no espazo exterior, protexer os instrumentos do frío e resistir os impactos dos micrometeroritos e a corrosión.
Todo iso, cunha película de a penas unha centésima de pulgada de grosor.Esta película mudaría de cor dependendo da exposición ó Sol, de xeito que cando este estivese presente tomaría un ton claro para reflectir o calor e cando estivese ausente, volveríase escura para manter o interior da sonda temperada.
FWWWRANDO