Chámase Niue e é unha pequena illa encravada no Pacífico Sur. A partir de agora será tamén recordada por ser o primeiro país que dota a todos os seus nenos dun ordenador portátil, grazas a unha inicitativa da ONG One Laptop Per Child.
Niue, paraíso natural e tecnolóxico
Todos os estudantes de primaria e secundaria deste territorio, integrado na Polinesia e asociado a Nova Zelandia, recibirán un portátil XO, tamén coñecido como "o portátil dos 100 dólares".
Trátase de ordenadores practicamente irrompibles, que permiten conectarse a internet e están deseñados especialmente para cativos de países onde non sempre é doado o aceso a unha rede eléctrica para recargar as baterías.
O obxectivo desta iniciativa, impulsada por One Laptop Per Child, é revolucionar e potenciar a educación destes nenos, nun país cun PIB de apenas 8 millóns de dólares e unha poboación de preto de 1500 persoas.
Pero esta non é a primeira vez que Niue se converte nun pioneiro tecnolóxico. E é que xa en 2003 se converteu no primeiro estado do mundo en promover o acceso inalámbrico gratuíto a internet para todos os seus cidadáns.
FWWWRANDO