Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Carreira cara á Casa Branca

Obama elixe un veterano en política internacional para o posto de candidato a vicepresidente

Joseph Biden, senador por Delaware desde 1973, é presidente do Comité de Relacións Exteriores do Senado de Estados Unidos.

Redacción - 11:00 23/08/2008
Anuncio na web de Barack Obama

Anuncio na web de Barack Obama

O candidato demócrata á presidencia de Estados Unidos, Barak Obama, elixiu o senador demócrata de Delaware Joseph Biden como o seu compañeiro para a vicepresidencia, segundo informou este sábado a CNN citando fontes próximas ao senador por Illinois.

Biden, de 65 anos, é un avogado e político estadounidense membro do Partido Demócrata e actual Senador por Delaware desde 1973. Ademais, é o presidente do Comité de Relacións Exteriores do Senado de Estados Unidos, o que reforza as intencións de Obama de presentar un goberno cun bo equipo para as relacións internacionais, logo das numerosas críticas neste senso vertidas polos republicanos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: