A autora viguesa publica en Vieiros “Guindastres” ou a visión do mar imposíbel.
Suso de Toro, Alexandre Nerium, Luisa Castro, Marta Dacosta, Neira Vilas, Xurxo Souto, Pilar Beiro...e agora é Rexina Vega quen se embarcase nesta aventura chamada No lombo do Atlántico.
A escritora e profesora viguesa móstranos o mar da súa infancia en “Guindastres”, un océano que lambe un Vigo industrial. Un mar que se confunde con metal, con homes, co mundo do traballo, coa mesma cidade...