As galegas formaban parte do K-4, xunto con Beatriz Manchón e Jana Smidakova. Fixeron unha boa regata pero non conseguiron entrar nas medallas.
As padexeiras galegas acadaron unha meritoria terceira posición nunha carreira que dominaron alemás e húngaras, tal e como prognosticaban as propias galegas antes incluso dos Xogos Olímpicos. As alemás remataron impoñéndose cun tempo de 1:32.231, sete décimas por diante da embarcación húngara.
As de Cangas mantiveron unha dura loita con australianas e polacas polo bronce, pero foron peor que elas na segunda metade da proba, polo que se tiveron que conformar co diploma olímpico.
O K-4 de Portela e Molanes chegaba a Beixín coa medalla de bronce nos pasados europeos, pero a súa decepcionante primeira regata despertou dúbidas sobre as súas posibilidades. Estas dúbidas foron disipadas polo bo papel que fixeron tanto nas semifinais como nesta final onde amosaron ser competitivas.