O marchador galego saíu atrás e non foi capaz de achegarse ás posicións dianteiras en ningún momento, a pesar de bater a súa marca do ano.
O vigués Santi Pérez rematou no 26º lugar dos 50 quilómetros marcha, nunha carreira que gañou o italiano Alex Schwazer, cun tempo de 3h37:09 que supón o novo rércod olímpico. Pérez chegaba a Beixín coa intención de superar o 8º lugar acadado fai oito anos en Atenas, e para iso preparou unha carreira de menos a máis, procurando facer valer a súa veteranía para aproveitarse das duras condicións climáticas de Beixín.
Pero o galego non fixo unha boa saída, e dende o principio moveuse por encima do posto 25, sen conseguir atoparse mellor co paso dos quilómetros. Pérez considera este resultado un fracaso, e anunciou a súa retirada da alta competición para deixar paso aos máis novos co que aos 36 anos pecha unha longa carreira na que destacan un campionato de España e o diploma olímpico acadado en Atenas'04.