Telemaco, Noise Project e Os trasnos de Moscoso loitarán por acompañar a Maryland e Som do Galpom na final.
Chega o momento das 'novas tendencias'. A terceira semifinal do certame de novas bandas Nsaio no Camiño disputarase este sábado na Coruña. Telémaco, de Lugo; Noise Project, de Valga; e Os trasnos do Moscoso, busacarán un posto na final nun concerto que contará con The Go Team, como grupo estrela e padriño dos aspirantes. O concerto terá lugar no Parque Europa.
Xa están clasificados para a final de Nsaio do Camiño os vigueses Maryland, que gañaron a sección de Pop, cuxa final tivo lugar en Tui. E tamén Som do Galpom, que se impuxeron na semifinal de 'mestizaxe', que se celebrou en Boiro.
Por diante quedan outros dous concertos, ademais da xa referida batalla de bandas que terá lugar na Coruña. O 29 de agosto, en Ribadeo, Roberto Sobrado, Sínefres e Skandalo GZ (estes dous últimos finalistas do A Polo Ghit 2008) pelexarán por representar aos grupos rock na final, nun concerto no que precederán a Boikot. E ese mesmo día, en Allariz, Tátara Trío, Banda Folk de Ribas de Sil e Loba Loo, disputarán a semifinal folk, compartindo escenario con Uxía.
A gran final do Nsaio 2008 terá lugar o 4 de setembro en Lugo.