O mozo xamaicano está empeñado en rivalizar con Phelps polo protagonismo de estes Xogos Olímpicos. Aínda pode acadar outro ouro o venres no 4x100m.
Só catro días despois de abraiar ao mundo coa súa superioridade nos 100 metros lisos, o xamaicano Usain Bolt volveu vencer, esta vez nos 200m, e volveu batir o record da modalidade.
Un día antes de cumplir os 22 anos, Bolt xa se deixou preparado un bo regalo con estas dúas proezas e, de paso, deixou claro que debería haber dominador para moito tempo na velocidade mundial.
O mozo que era demasiado (1'93 metros) alto para os 100m rematou sendo o máis rápido do mundo. Xa prometía nos 200 metros, onde posue o record mundial junior dende 2003, pero cando nos últimos anos se falaba da batalla que Tyson Gay e Asafa Powell ían librar na loita polo trono mundial da velocidade ningúen contaba con el. En Maio de este ano presentouse ao mundo cunha marca de 9.76 e a comezos de Xuño, na súa 5ª carreira de 100m, rebaixou o récord do mundo ata os 9.72 segundos. Unha carreira meteórica en todos os sentidos que parece non ter límitos por idade e condicións.