Despois de dar a sorpresa quedando cuartas na súa serie do pasado luns, as padexeiras de Cangas devolven as cousas ao seu sitio ao vencer na semifinal.
Esperábase este mércores a clasificación de Portela e Molanes para a final e non defraudaron. Despois dunha saída explosiva, as galegas xa lideraban a proba cun segundo de vantaxe ao paso polos 250 metros. No segundo parcial baixaron o ritmo, facendo o peor tempo dos participantes, pero medindo a diferencia cas súas perseguidoras para entrar na primeira posición, cunha marca de 1:37.172.Tareixa Portela e Sonia Molanes, xunto con Beatriz Manchón e Jana Smidakova, loitarán polas medallas o venres 22 a partir das 10:20 da mañá. Húngaras e Alemás parten como principais favoritas, pero as nosas parecen dispostas a acadar un novo metal para o piragüismo galego.