Segundo informa a prensa local citando ao presidente ruso. O goberno vetará, porén, o plan de Francia na ONU.
A retirada das tropas rusas de Xeorxia, iniciada o pasado 18 de agosto, poderíase completar este venres, segundo publica esta cuarta feira a prensa local citando ao presidente Dmitri Medvedev.
O dirixente de Rusia comunicoulle ao xefe do Estado francés, Nicolás Sarkozy, que "unha parte das forzas de paz se repregará cara á zona provisional de seguridade que a Comisión Mixta de Control definiu na súa resolución de 1999".
"Os demais efectivos vanse a retirar cara ao territorio de Osetia do Sur e cara a Rusia", confirmoulle Medvedev ao presidente galo este martes por teléfono.
Veto na ONU
Por outra banda, o goberno ruso vetará, en caso de se someter a votación, a proposta de resolución promovida por Francia na ONU para que Rusia retire inmediatamente as súas tropas de Xeorxia. O plan francés reafirma ademais a integridade territorial de Xeorxia.
Moscova alega que o texto non inclúe os seis puntos do acordo de paz pactado co goberno xeorxiano baixo a mediación de Sarkozy.