A galega forma con Betriz Manchón unha parella consolidada que, sen embargo, tivo máis problemas dos esperados para seguir en competición.
En ningún momento se temeu pola clasificación do K-2 500m, pero unha discreta quinta posición deixou bastantes dúbidas. A embarcación da galega non chegou a loitar pola clasificación directa, rematando a algo máis de tres segundos da parexa vencedora, formada por Fischer e Reinhardt.