Os convidados ao Salón deste ano han presentar a súa obra na tarde do venres 15.
Nesta nova edición de Viñetas desde o Atlántico, a tarde do venres 15 vén cargada de novidades. A primeira hora da tarde comezan as presentacións. Contra as 18 horas será a de Polaquia e para as 18,30 horas, as últimas novidades de Astiberri. O calendario de encontros cos autores non remata aquí posto que ás 18,50, na sala de conferencias da Fundación Caixa Galicia os seguidores do guionista Luc Brunschwig e de Le Roux poderán coñecer o proceso creativo de “La memoria en los bolsillos”. Nesta obra os feitos cotiáns e os personaxes van da man en relatos humanistas onde todo o mundo parece andar buscando do seu lugar. Ao remate, contra as oito da tarde fará a súa presentación Mark Buckingham, un dos autores máis condecorados pola súa serie Fábulas.
Luc Brunschwig
En 1990 recibe o encargo do debuxante Laurent Rin para guionizar Pouvoir des Innocents . Despois desta serie, chegarían outros títulos como L'Esprit de Warren, con debuxos de Servain; unha historia de corte fantástico como Vauriens, debuxada por Laurent Cagniat, ou a serie de ciencia ficción Urban Games, retomando a colaboración con Hirn.
Mark Buckingham
Combinou traballos de debuxante e entintador, participando en moitos títulos de DC e Marvel. A partires dos 90 Buckingham e Neil Gaiman collen éxito grazas a “Miracleman” e xuntos fixeron varias obras dentro do universo Sandman coas que obtiveron unha grande proxección internacional. Salienta o seu traballo con Paul Jenkins en “Peter Parker: Spiderman”. Na actualidade, está de volta na liña Vértigo de DC como debuxante principal de “Fábulas”, que en breve chegará aos 75 números e que até o de agora, xa recibiu 12 Premios Eisner.
Ás 18 horas os autores convidados ao Salón ficarán asinando autógrafos na sede do Palexco.