Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Axenda intensa de lecer

E ti que fas que non estás de festa?

O día grande do Sonearte de Viveiro, o Sarabanduxa de Boiro, o Ponteareas MetalFest, a festa folk de Vilariño...

Redacción - 10:00 15/08/2008

Festas patronais en Cedeira, onde actuará Marful a noite do venres. A Festa Gastronómica do Mar, n'A Illa. Exaltación do mexillón, en Cabo de Cruz... Un feixe de propostas. Velaquí, polo miúdo, algúns destaques para estes días:


Festival Sarabanduxa
(Boiro, A Coruña)
Está a piques de chegar a 4ª edición do Festival Sarabanduxa, como tódolos anos terá lugar en Praia Xardín de Boiro. O venres 15, no concerto que organiza Nsio no Camiño, haberá actuacións de Chotokoeu, Duplo Son, Som do Galpom e Lamatumbá. Ao día seguinte, sábado 16, tocarán Ataque Escampe, Jabón Blue, Lost phycotics, 8 Ferrados e Belfastt.
O festival é unha iniciativa do colectivo Leña Verde, que leva dende o ano 2000 apoiando á mocidade e aos novos creadores da comarca do Barbanza.

Non haberá só música no Sarabanduxa deste ano, tamén poderemos atopar graffiti, obradoiros, campionato de fútbol-praia e un xantar popular ás 14 horas ao que estamos todos convidados.

Ponteareas MetalFest
A nova edición do Ponteareas MetalFest ven con ganas de resultar aínda mellor que a do ano pasado e os seus organizadores agardan que consolide un proxecto que dure moitos anos. MetalFest é un evento ao aire libre, de balde e totalmente autoxestionado organizado por un grupo de xente comprometido coa música.

Este ano o festival vaise celebrar o sábado 16 no Parque da Feira Vella de Ponteareas e han actuar dende as 18 horas Kathaarsys, Unreal Overflows, Dead Meat, Raw Decimating Brutality, os locais Brasiliades, Legacy of Brutality e Rojo Dos.


Día grande do Sonearte de Viveiro (Lugo)
A última noite do festival han achegarse a Viveiro The Cynics, a mítica banda norteamericana formada nos anos 80, que segue a ser unha lenda viva do garage-punk. O sábado dezaseis Marky Ramone voltará á Galiza, logo de se pasar por aquí o pasado xullo no festival Cultura Quente de Caldas. O surf dos madrileños Los Coronas e o rock dos vigueses The Blows completan o cartaz para este Son e Arte 2008.

IX Festa Folc de Vilariño (Pontevedra)
A novena edición da Festa Folc de Vilariño ha ter lugar este ano o sábado 16 de agosto. Este festival é unha iniciativa da asociación cultural O Gato, que leva dez anos traballando a prol da cultura na aldea de Vilariño. A festa comeza ao mediodía cunha mexilloada popular amenizada pola charanga Lembranzas da Ría e pola noite han actuar Serra-lhe aí, Xosé Manuel Budiño e o Sonoro Maxín.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: