Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
PARTICIPAN 13 CICLISTAS GALEGOS

Comeza a Volta a Portugal de ciclismo

O equipo Karpin Galicia dirixido por Xesús Blanco buscará completar unha boa actuación, a pesar de reservar a varios dos seus líderes para a "Vuelta a España".

Redacción - 12:15 13/08/2008
O KGZ é a gran esperanza do cilcismo galego

O KGZ é a gran esperanza do cilcismo galego

Este mércores comeza a 70ª edición da Volta a Portugal de ciclismo, con un prólogo de 6'8 quilómetros que se realizará na localidade de Portimão. A carreira disputarase sobre un percorrido de case 1600 quilómetros, repartidos en 11 días de competición.A volta remata o día 24 de Agosto, na Alto de Santa Quitéria, situado na céntrica localidade de Felgueiras. Entre as grandes estrelas aparecen nomes como Francisco Mancebo, José Acevedo, Héctor Guerra, Isidro Nozal, Joaquim Andrade ou o galego David Blanco, vencedor da edición disputada no ano 2006.

Numerosa representación galega
Dos 17 equipos participantes destacamos o Karpin Galicia, que contará nas súas filas cos galegos David Abal, Ramón Troncoso, Gonzalo Rabuñal, Xoán Mourón, Alexandre Paleo, Delio Fernández Cruz e Xesús Cobello. Atención especial merece tamén David Blanco, do equipo Palmeiras Resort - Tavira, quen despois de ganar a ronda portuguesa no 2006 parte como un dos grandes favoritos á vitoria final este ano. Os outros galegos en competición son Alexandre Marque, Gustavo Rodríguez, Enrique Salgueiro, Lois Oliveira e Pedro Hermida.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: