Esta é a idea centra de un estudo realizado para a revista Psychological Science.
Yao Ming e China, asiduos do vermello
Este traballo vén a ampliar unha teoría exposta no ano 2005 polos sociólogos R.A. Hill e R.A.Barton para a revista Nature. Nesta ocasión, os investigadores Norbert Hagemann, Bernd Strauss, and Jan Leißing utilizaron a metodoloxía de estudio propia das ciencias sociais, e expuxeron unha hipótese que despois demostraron cunha serie de datos.
Hagemann, Strauss e Leißing defenden que os árbitros acostuman ter un mal punto de visión na práctica deportiva, o que fai difícil aplicar decisións obxectivas. O resultado é que se toman decisións nas que inflúen xuízos de valor, ou preconceitos que poden chegar a determinar a nosa percepción de forma inconsciente. É nesta parte onde entra o que neste estudio se expón como unha "asociación cultural da cor vermella coa dominación e a agresión".
Taekwondo como modelo de estudo
A experiencia realizouse sobre un total de 42 árbitros, aos que se lle mostraron unha serie de imaxes de diferentes combates, sendo o Taekwondo un deporte onde as decisións dos árbitros teñen sempre unha importante parte subxectiva.
Amosáronse as mesmas imaxes, mudando dixitalmente a cor da vestimenta dos contrincantes, e o resultado foi que ante as mesmas situacións a porcentaxe de puntos aumentou considerablemente a favor de aqueles que vestían de vermello.
A solución que propoñen os investigadores é mudar as regras do xogo para evitar estas situacións, ou ben ofrecer aos árbitros axuda electrónica naqueles casos onde sexa posíbel.