Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reforma do financiamento

"Sobran excesos verbais", repróchalle Rego a Montilla

O voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, chama aos socialistas cataláns a esforzárense na procura de "puntos de encontro".

Redacción - 19:00 11/08/2008

"Até o de agora funcionou", afirmou Ismael Rego sobre o actual modelo de financiamento autonómico, "se non á perfección, con estándares moi próximos a ela". Nesa liña, o voceiro parlamentar do PsdeG censurou o que cualificou de intentos de "romper" ese equilibrio, malia admitir a necesidade de "poñer a punto" o sistema para atender as necesidades financeiras na dotación de servizos.

Foi así como Rego reprochou a posición mantida en Cataluña polo líder do PSC e presidente da Generalitat, José Montilla, criticando o que definiu de "excesos verbais" do catalán. Segundo o deputado socialista, a posición correcta sería a expresada polo secretario xeral do PsdeG, Emilio Pérez Touriño, "baseada en que ninguén quede discriminado", asegurou. "Sobran os excesos verbais e fai falta establecer moitos puntos de encontro", resumiu.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: