Catro minutos escasos para a promesa do básquet galego fronte ás chinesas, que venceron 67-64.
Tamara Abalde deberá esperar nova oportunidade este luns fronte a Nova Celandia para tratar de amosar o potencial do seu xogo nesta cita olímpica. A xogadora apenas tivo tempo de despregar a súa calidade na cancha chinesa, onde o equipo rival exerceu o seu papel de selección anfitrioa cun intenso partido no que dominou de principio a fin.
Ao final: España 67 – China 64. O equipo subcampión de Europa caía así diante da fortaleza das chinesas, que empurradas pola afección local lideraron o encontro en todas as áreas. Bian, Miao e Nan Chen pilotaron con efectividade o equipo titular chinés. Logo dun firme comezo, as baloncestistas chinesas apenas concederon algún momento de relaxación mediado o primeiro cuarto do partido e ao comezo do terceiro período e onde só os triples de última hora puxeron en apuros ás chinesas que amarraron a súa primeira vitoria por só tres puntos.