Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DOCUMENTAL DE XOSÉ ABAD

'Isaac', seleccionado para o Festival Europeo de Cine e Televisión 'Memorimage'

O certame internacional celébrase en Reus (Cataluña) e está especializado en documentais e filmes que axudan a construír a historia.

Redacción - 09:30 07/08/2008

Isaac, o documental de Xosé Abad sobre a figura de Isaac Díaz Pardo, continúa a súa andaina de festival en festival. Agora viaxará a Cataluña, ao prestixioso Festival Europeo de Cine e Televisión Memorimage que se celebra en Reus. O documental, dirixido por Xosé Abad e con guion de de Carlos Vázquez, amosa en 55 minutos a personalidade, biografía e pensamento do intelectual galeguista, mais tamén incorpora, a través das palabras de Díaz Pardo, temas de actualidade e reflaxións sobre o país e o mundo como a economía galega, a guerra civil e a represión franquista ou a Guerra do Irak.

No documental interveñen persoeiros como o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, Xesús Alonso Montero, catedrático da USC e militante do PC, Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, os escritores Xabier Seoane e Manuel Rivas, os músicos Benedicto García e Xurxo Souto, o editor Sabino Torres ou o historiador Ramón Villares. O filme está coproducido por EAF Produccións e CRTVG, coa colaboración e da Consellería de Cultura.

Memorimage ten como subtítulo 'Filmes de hoxe con imaxes de onte', e centra a súa programación nos documentais e filmes históricos.


2/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Trailer de 'Isaac'

O equipo do documental, co propio Díaz Pardo
O equipo do documental, co propio Díaz Pardo
Unha imaxe do Festival Europeo de Cine e Televisión 'Memorimage'
Unha imaxe do Festival Europeo de Cine e Televisión 'Memorimage'