De paso que o parlamento prepara unha lei que engade as webs con contidos "sexuais" á lista de sitios a censurar.
O Parlamento de Irán debate sobre o suposto atentado "á moral islámica" que implican os sitios con contidos eróticos, deseñando unha lei que castigará a creación e acceso a estes sitios internáuticos.
Ao tempo, a Organización Nacional Xuvenil, colectivo vencellado á propia presidencia iraniana acaba de publicar un estudo no que aseguran que o 55% dos mozos e mozas en Irán, é dicir, arredor de 12 millóns de persoas, acceder a contidos pornográficos diariamente. O informe relaciona estes espazos na rede cunha conxura internacional "dos inimigos da república islámica".
De paso, un dos principais diarios conservadores do país, saía estes días tamén en contra das salas de ciber-conversa, os chats, advertindo que "poñen a mocidade en contacto co sexo oposto sen ningún filtro".