Outro galego, Alejandro Pérez (Triatlón Ferrol), foi terceiro na proba masculina.
Cartaz da proba
A boliviana Agnes Kay Eppers e o galego Manuel Piñeiro, ámbolos dous atletas do Cidade de Lugo Fluvial, impuxéronse este domingo no Triatlón Villa de Cudillero (Asturias), unha competición que hai nada recibía a certificación de Proba Estatal.
Os participantes enfrontáronse a unha proba na distancia sprint (750 metros de natación no peirao da vila, máis 18,5 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pé).
Eppers completou a proba nunha hora, 10 minutos y 36 segundos; e Piñeiro en 59 minutos e 34 segundos. Na clasificación final tamén destacou a terceira posición conseguida na categoría masculina por Alejandro Pérez, do Triatlón Ferrol. O seu compañeiro, José María Rodríguez foi cuarto; Pedro Antonio Esmoris, do Anigasa Champion Chip Muralla, foi quinto; e sexto foi Emilio José Lousa, do C.T. Bricosa Santiago. Ourto triatleta do Cidade de Lugo, Víctor Fernández, foi noveno.