O Navantia, con bandeira do Club Náutico de Malpica e outra da Coruña, gañou a competición nesta categoría.
O Navantia, con bandeira do Club Náutico de Malpica e outra da Coruña, gañou a Copa do Rei de Vela na categoría ORC 670.
A tripulación do Navantia conseguiu facerse coa proba, despois dunha espectacular actuación nunha competición que se lles tiña resistido aos galegos nas últimas edicións. Desta volta a cousa resolveuse na última regata, e por un só punto, que levaron os galegos.
Esta vitoria confirma, tamén, a candidatura do Navantia para revalidar os Campionatos do Mundo, que xa gañaron, mais cando a súa categoría se denominada IMS 670. A proba desenvolverase en Canarias, do 13 ao 18 deste mes.