O PSOE mantén a súa intención de celebralas en marzo, aínda que a decisión dependerá en gran medida dos comicios vascos.
Alberto Núñez Feijoo, o líder dos socialistas galegos, declarouse convencido este venres de que as eleccións ao Parlamento galego se adiantarán, celebrándose este outono. Porén, fontes próximas ao PSOE manteñen o discurso oficial de que os comicios se celebrarán na primavera, posibelmente en marzo.
Parece claro, en calquera caso, que as eleccións non se celebrarán entre novembro e febreiro. Polo tanto, e dado que é preciso realizar a convocatoria dos comicios con ao redor de sesenta días de antelación, o presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, tería que chamar ás urnas nas vindeiras cinco semanas. Doutro xeito, as eleccións celebraríanse no 2009.
En xuño hai eleccións ao Parlamento Europeo. E tamén deben celebrarse no 2009 eleccións en Euskadi. A decisión que adopte o Lehendakari Ibarretxe marcará, en gan medida a data das eleccións galegas, posto que en principio non se quere facer coincidir as votacións no noso país coa campaña en Euskadi.