Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EN HUNGRÍA

O Firefox vence por vez primeira ó Explorer

O número de usuarios do software libre de Mozilla supera no país maxiar ós que utilizan o Explorer de Microsoft.

Redacción - 13:54 01/08/2008
Firefox gáñalle a partida ó Explorer

Firefox gáñalle a partida ó Explorer

Malia a boa resposta que vén tendo o Firefox, o navegador de Microsoft continúa a ser o máis utilizado do mundo, cun 75% do total de usuarios, seguido polo de Mozilla (17%) e o Safari de Apple (4%).

Mais en Hungría non é así. Despois das últimas enquisas entre os usuarios húngaros, concluíuse que esta é a primeira vez que Firefox supera a Microsoft (por un parcial de 48.9%, fronte ó 46.8% de Explorer). Isto é debido, en grande medida, á súa nova versión 3.0 presentada hai poucas semanas.

Este programa xa conseguira bater unha marca mundial cando, a medidos de xuño, logrou superar os oito millóns de descargas do seu programa en apenas vintecatro horas.

FWWWRANDO


4,64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: