Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUNTANZA NA MONCLOA

O BNG acusa a Touriño de desaproveitar a oportunidade

Carlos Aymerich lamenta que o presidente da Xunta non fixese valer a posición de país consensuada no Parlamento.

Redacción - 12:55 01/08/2008

Non se acadou compromiso algún sobre o Eixo Atlántico, nin sobre o voto emigrante nin sobre o sistema de financiamento. Para o BNG, Emilio Pérez Touriño desaproveitou a súa xuntanza co presidente do goberno, Rodríguez Zapatero, e non fixo valer a unanimidade acadada no Parlamento polas tres forzas políticas en relación ás obras do AVE.

Ademais, o portavoz parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, subliña que as promesas que, segundo Touriño, lle trasladou o presidente español só terán virtualidade de se reflectiren nos orzamentos. Doutra banda, destaca que nunha xuntanza coma esta, na que se falou sobre todo de infraestruturas, se botan en falta compromisos efectivos: "nin hai unha vontade certa de que os emigrantes vaian a votar en urna nas vindeiras eleccións nin o presidente español asumiu ningún compromiso de que no futuro sistema de financiamento se vaian contemplar criterios fundamentais para Galiza como o avellentamento ou a dispersión poboacional".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: