Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Nas competicións de natación

Galiza, pioneira na integración de deportistas con discapacidade física

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto e Carlos Francisco Touriño, presidente da Federación Galega de Natación, presentaron o proxecto "Natación Adaptada".

Redacción - 18:50 30/07/2008
Logo da FEGAN

Logo da FEGAN

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e o presidente da Federación Galega de Natación (FEGAN), Carlos Francisco Touriño, presentaron esta cuarta feira o proxecto "Natación Adaptada", un programa que permitirá integrar nas competicións galegas a todos aqueles deportistas con discapacidade física.

O presidente da FEGAN desvelou que este proxecto é o primeiro que se pon en marcha en todo o mundo e recalcou que un dos obxectivos prioritarios é "garantir a acollida dos deportistas con discapacidade física nas estruturas tradicionais da natación".

Pola súa parte, a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, manifestou que este proxecto dá continuidade á liña que están a seguir as federacións galegas no traballo cos deportistas con discapacidade, e agradeceu ao presidente da FGAN este "novo esforzo" que coloca ao noso país como referente no emprego do deporte como ferramenta de integración.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: