Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PODERASE VER VÍA INTERNET DENDE SIBERIA

Eclipse solar en directo

A expedición "Shelios" composta por escolares canarios e dirixida polo astrónomo Miquel Serra será a encargada de emitir o eclipse solar do vindeiro 1 de agosto dende a poboación siberiana de Novosibirsk.

Redacción - 12:36 29/07/2008
Eclipse solar

Eclipse solar

O vindeiro venres, 1 de agosto, producirase un eclipse solar total que poderá ser seguido vía internet dende Siberia entre as 11.40 e as 13.45 horas.

Os membros da expedición "Shelios" emitirán dende Novosibirsk a sinal de vídeo e audio vía satélite ata a Facultade de Informática da Universidade Politécnica de Madrid, que a porá a disposición dos internautas no enderezo web eclipse.cesvima.upm.es.

Ademais da imaxe e o son, a emisión contará cos comentario do astrónomo do Instituto de Astrofísica de Canarias, Miquel Serra, director da expedición "Shelios".

O eclipse solar prodúcese cando dende un punto da Terra, a Lúa oculta o Sol e para que teña lugar isto é preciso que o astro lunar estea na súa fase nova. O eclipse solar obsérvase de modo total cando os observadores se sitúan dentro do cono de sombra lunar, que ten un diámetro máximo sobre a Terra de 270 quilómetros.

FWWWRANDO


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: