Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Obras catro anos paradas en Ourense

As obras de San Francisco: Desta vai?

O Ministerio de Cultura aproba unha declaración de urxencia para achegar 5,5 millóns que permitan rematar os traballos en oito meses.

Redacción - 12:00 29/07/2008

As obras de construción do Arquivo provincial e Biblioteca no convento de San Francisco levan paradas catro anos, debido entre outras cousas a un litixio entre a empresa adxudicataria e o Ministerio por certas modificacións realizadas por éste no proxecto. Dende entón o recinto foise deteriorando, sobre todo o valioso claustro románico, ao que se lle retirou o teito, e o complexo mesmo sufriu un incendio. As protestas de grupos políticos e representantes sociais intensificáronse nos últimos meses, pero foi nas últimas semanas cando o proceso se acelerou.

Este luns Alexandre Sánchez Vidal, tenente de alcalde, a concelleira de Cultura Isabel Pérez, e o senador do BNG Xosé Manuel Pérez Bouza, compareceron publicamente para criticar a situación de abandono e a paralización de las obras, e convocaron para este martes a primeira xunta extraordinaria do Consello Municipal de Cultura, que levaba 14 anos sen se reunir. O obxectivo, segundo Sánchez Vidal, é "unir forzas coa sociedade ourensá para lograr a influencia precisa en Madrid e para revisar o futuro uso do edificio nobre de San Francisco, cuxa función está pendente de definir".

Unhas horas despois desta comparecencia, a Alcaldía da cidade anunciou que o Ministerio de Cultura aprobara unha declaración de emerxencia para a reanudación inmediata das, a través dun investimento de 5,5 millóns de euros e cun prazo de execución de oito meses. Segundo a alcaldía, este investimento foi acordado a pasada semana por Francisco Rodríguez, alcalde da cidade, e o ministro de Cultura César A. Molina.

Con todo, dende o BNG reclámase que este avance, do que se "congratulan", é froito das negociacións entre o departamento de Cultura do Concello, dirixido polos nacionalistas, e o Ministerio. Así mesmo, anunciaron que o investimento en San Francisco será un dos principais ‘cabalos de batalla' na negociación co PSOE para apoiar os Orzamentos Xerais do Estado para 2009.

En calquera caso, as obras en San Francisco seguen pendentes da resolución do Xulgado Central do Contencioso polo litixio que mantén a empresa construtora co Ministerio, pola que se impide o acceso ao edificio.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: