Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
COLISIÓN

Un astronauta lidera un proxecto para evitar o impacto de asteroides contra a Terra

Rusty Schweickart rexeita o uso de bombas atómicas contra as ameazas exteriores, como propugna a NASA.

Redacción - 19:00 28/07/2008
Imaxe ficticia do filme 'Deep Impact'

Imaxe ficticia do filme 'Deep Impact'

O astronauta estadounidense Rusty Schweickart é un dos artífices da Fundación B612, unha organización que ten como obxectivo buscar a mellor técnica para alterar a traxectoria dos asteroides que poden ameazar a Terra. Schweickart, que formou parte das misións Apolo, nos anos 70, afirmou nunha conferencia que as armas nucleares non son a solución máis axeitada.

Segundo explicou, a maior parte dos corpos celestes pódense dirixir coa colisión de naves non tripuladas, contra a política da NASA de enviar bombas atómicas. Schweickart cre que a recomendación da axencia espacial estadounidense se debeu ás presións políticas.

A B612 ten como data límite 2015 para conseguir atopar un sistema efectivo contra as ameazas chegadas dende o espazo. Aínda non se poden controlar, hoxe en día, todos os obxectos que poderían causar danos na Terra, pero espérase que no vindeiro século se instalen potentes telescopios para observar o ceo. Para daquela, será o momento de tomar medidas contra os obxectos que poidan colidir co noso planeta.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: