Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Congreso do PSdeG

"Representan a 9 dos 500 delegados", di Ricardo Varela dos críticos vigueses

O secretario de Organización do PSdeG quítalle importancia ao documento que os críticos de Vigo levarán ao congreso do partido.

Redacción - 09:00 26/07/2008
Tags: PSdeG

"Hai que avalialo no xusto termo", comentou o secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, logo de visitar durante a tarde deste venres o Pazo de Congresos de Santiago, onde se ultimaban os preparativos para o congreso no que participarán en torno a 1.500 persoas, entre delegados, convidados e membros dos órganos federais.

Ricardo Varela quixo amosar "respecto" polo grupo de socialistas vigueses que presentaron o documento no que reclaman que o XI Congreso da formación aposte pola "revitalización" e piden que "a Xunta non substitúa a vida do partido". Con todo, salientou que "representan a nove dos 500" delegados que asisten á cita desta fin de semana.

Por outra parte, Varela quixo destacar o "ilusionante" do encontro, reflexionando ao fío do lema escollido, 'A forza de Galicia', que é o primeiro que o partido celebra desde que asumiu responsabilidades de goberno en Galiza. "A renovación no PSdeG dende hai dez anos é permanente, non se produce de forma brusca", indicou ao respecto das negociacións para a renovación da executiva.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: