Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No lombo do Atlántico

No tobogán do tempo, viaxamos á ría de Vigo con Marta Dacosta

Dunha beira á outra do país, convidados pola escritora viguesa, partimos esta semana ás rías Baixas.

Redacción - 11:35 25/07/2008

"Eu sei que esta alma de auga sentirá o alento da orfandade se un día desaparece a silueta branca e pedra das casas da Corea, esas casas encabalgadas entre dúas rúas, as casas en que mulleres e fillas ollaban o mar e podían acompañar a saída e a chegada dos barcos en que viñan os pais, os mozos, os compañeiros…"

O relato completo no especial No lombo do Atlántico, onde, se non o fixeron xa, tamén poden ler as pezas anteriores, escritas por Luisa Castro, Suso de Toro e Alexandre Nerium.

Na web da Biblioteca Virtual Galega poden ler unha autobiografía de Marta Dacosta:

"Son filla da clase obreira viguesa, un peón de Citroen e unha alestidora de palangres que deixaría o seu traballo para coidar da nena que ía vir. (...) En 1989 rematei a licenciatura en Filoloxía, na subsección, daquela, de Galego-Portugués. (...) Rematada a carreira comecei traballar como docente de inmediato: Compostela, Sarria, Curtis, Negreira ... Tomiño. (...) Procuro escribir co corazón, co firme propósito de revolverlle o estómago ao que se senta fronte aos meus poemas, e que aínda teño que escribir o poema máis importante, pero non sei cando poderei facelo, porque ese, o poema comprometido co tempo en que estou a vivir e coa miña condición humana, precisa dunha voz sólida e un pulso firme".


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: