Foro Cívico Galego e Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya organizan o Día da Patria Galega en Catalunya.
As dúas entidades galego-cataláns celebran xuntas o día nacional de Galiza canda Rede.cat, da que forman parte, organizando un acto unitario o vindeiro 26 de xullo no Centro Cívico Cotxeres de Sants. No evento presentarase o terceiro número do monográfico de Foro Cívico "reNOVA GALIza: A fuga de cerebros: a diáspora científica galega (I)", e ERGaC presentará o número 100 do seu boletín mensual, "A Micro Pechado".
DÍA DA PATRIA GALEGA EN CATALUNYA 2008
Sábado, 26 de xullo
18.45 h: Benvida
19.00 h: Presentación do monográfico do número 3 da revista "reNOVA GALIza" que edita Foro Cívico Galego de Barcelona: "A fuga de cerebros: a diáspora científica galega (I)".
20:00 h: Presentación do número 100 do boletín que edita mensualmente Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya, "A Micro Pechado 100".
21.00 h: Actuación dun grupo de gaiteiros e refrixerio para os asistentes.
Sala de Conferencies do Centro Cívico Cotxeres de Sants Sants, 79 | Barcelona