Destaca a presenza do arxentino Al Barrionuevo, do catalán Manel Fontdevila e do pontevedrés Tirso Cons.
O debuxante galego Tirso Cons será o primeiro convidado. O venres 25 asinará exemplares das súas obras e participará nunha charla-coloquio. O pontevedrés publicou tres obras en Francia: L'oeil du diable, Marshall#4: Reminiscences e Le Manoir des murmures#1: Sarah. Un día despois estarán polo Morrazo Al Barrionuevo e Manel Fontdevila, asinando libros e ofrecendo a súa visión sobre a actualidade da banda deseñada nunha charla que comezará ás oito da tarde.
Como todos os anos, destaca a realización de obradoiros de Banda Deseñada, impartidos nesta ocasión por Julius e Luís Da Vila. Ademais, no auditorio de Cangas poderá verse a exposición 10 anos de BD galega, coordinada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Finalmente, a novena arte verase complementada pola sétima, coa proxección de cinco filmes nacidos nos cadriños.
Podes consultar aquí o programa completo do Salón.