Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil



O FUTURO DO EMPREGO

A crise pon en xaque o sector da automoción, que emprega 20 mil persoas

09:20 - As empresas de compoñentes comezan a presentar expedientes de regulación. "Aquí os sindicatos non estamos mortos, e estamos moi cabreados", advirten os traballadores.

Aínda sen moitas ideas concretas

Os líderes da UE insinúan unha "refundación do capitalismo"

1

09:00 - O último en usar a expresión, o presidente de quenda da UE, o francés Nicolás Sarkozy, anuncia unha gran xuntanza económica para decembro con ese obxectivo.

CAMPAÑA POLA NORMALIZACIÓN

Chámome Uxío Canedo, en castelán sería Eugenio Cañaveral

20:30 15/10/2008 - A Universidade de Vigo pon en marcha unha páxina que corrixe os apelidos e nomes castelanizados.

LIET LAVLUT

O 'Planeta 19' vai camiño de Laponia

14:10 15/10/2008 - O sábado 18, entre as oito e media e nove poderase votar na páxina do Festival para decidir a canción gañadora.

O PP quéixase de que non se dialogase

Orzamentos 2009 con promesa de "profundo recorte" do gasto corrente

09:00 - A Xunta promete priorizar así actuacións sociais e investimentos produtivos, nunhas contas que botarán man dun déficit de até o 1%.

Freo á candidatura de Galiza e Norte de Portugal

Portugal rexeita a opción luso-galega e apoia a España coa dieta mediterránea

80

13:40 15/10/2008 - Ademais da indiferenza de Madrid, que preferiu presentarlle á lista da Unesco para o patrimonio inmaterial as iniciativas do sur peninsular, o goberno luso dálle tamén as costas ao proxecto de Ponte...

Solicitan unha investigación do acontecido

O BNG implica a XXAA nunha presunta fraude co gasóleo

09:00 - O sindicato Xóvenes Agricultores rexeita a acusación e anuncia accións legais contra os deputados nacionalistas Bieito Lobeira e Tareixa Paz.

Derradeiro debate da campaña

Obama e McCain confrontan por última vez as receitas para un imperio en crise

09:15 - O planeta asiste con interese aos discursos dos candidatos a presidir os EUA, que condicionarán non poucos factores a escala global.

Eleccións federais en Canadá

O Bloque arrasa no Québec

2

20:20 15/10/2008 - O primeiro ministro quebequés, Jean Charest, dixo que colaborará co seu homólogo canadense, o reelecto Stephen Harper, sempre que este respecte as súas posicións.

Convidado pola Deputación de Pontevedra

Insultan o cónsul de Venezuela durante os actos do 12 de outubro en Baiona

8

18:30 15/10/2008 - O representante venezolano foi increpado por unha persoa do público polo seu discurso no Día da Resistencia Indíxena.

CHAMA Á ORACIÓN

O gran éxito tecnolóxico en Indonesia é o “móbil musulmán”

17:00 15/10/2008 - Chámase Hidayah, que significa "iluminación divina" e a súa principal novidade é que chama á oración e permite consultar as suras do Corán.




Sons - Fuxan os Ventos



Mar por medio



Outros canais


Conferencia Alex Contreras xornal pontevedra

aCentral Folque