Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
AUMENTO DE VELOCIDADE

R anuncia internet de 100 megas

Xa experimenta un sistema que multiplicará a capacidade da súa rede de cable nun breve prazo de tempo.

Redacción - 16:30 21/07/2008

O operador galego de telecomunicacións R anuncia que xa está a probar un sistema que permitirá conexións á internet de 100 megas. A compañía aspira a adiantar o seu principal rival, Telefónica, aproveitando a súa rede propia de fibra óptica.

R pretende optimizar a súa infraestrutura mediante a tecnoloxía DOCSIS 3.0, co que se acadan até 100 megabits por segundo cun cablemódem de catro canles. O incremento de velocidade chegará até un punto que a taxa de descarga dependa máis da capacidade do servidor ca da propia rede.

En calquera caso, aínda que R non dá datas exactas, si adianta no seu blog que haberá ofertas máis "lentas", a 30 e a 60 megas.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: