Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Entre o 17 e o 20 en Szeged (Hungría)

A nova fornada de padexeiros galegos ponse a proba nos europeos

A expedición galega parte con opcións de obter medallas en varias disciplinas, nos Campionatos de Europa Sub-23 e Júnior.

Redacción - 13:00 18/07/2008
Galiza continua a producir padexeiros de primeiro nivel / Flickr: Hanok

Galiza continua a producir padexeiros de primeiro nivel / Flickr: Hanok

As novas figuras do piragüismo galego póñense a proba dende onte nos europeos de Szeged. Na categoría Sub-23 son varios os galegos que parten con posibilidades de obter medalla, entre os que destacan Xosé Luís Bouza (Kayak Tudense) e Roberto Abal (Club de Mar Aldán).

O primeiro participará nas disciplinas de C-1 500 e C-1 1000, das que xa se proclamou subcampión europeo da categoría no ano 2006. Pola súa parte, o padexeiro do Club de Mar Aldán formará parte dos equipos de K-2 e K-4. Abal constitúe unha das grandes promesas do piragüismo galego, xa que ven de proclamarse no ano 2007 subcampión mundial júnior das disciplinas K-1 1000 e K-1 500, no que foi a súa primeira participación nunha cita internacional. Ademais competirán nesta categoría Roberto Rodríguez e Diego Piña, ambos do Kayak Tudense.

Ilusionante comezo dos Júnior
No que se refire ós homes temos que falar da parella formada por Paulino Otero (Náutico O Muíño de Ribadumia) e Rodrigo Germade (Breogán O Grove) , que obtiveron a clasificación de forma directa para as finais de K-2 1000 despois de impoñerse onte na súa quenda.

Na final de C-2 1000 estarán Xacobe Domínguez (Breogán O Grove) e David Maquieira (Náutico O Muíño de Ribadumia) despois de acadar a terceira posición da súa serie. Nesta categoría compite tamén a palista do Kayak Tudense Silvia Vázquez, única muller galega a participar neste europeo. Ao longo deste fin de semana disputaranse as finais das diferentes disciplinas nas que o piragüismo galego terá un papel protagonista.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: